• Casa do Concello
  • Brañas da Valga
  • Albergue de Bruma
  • Muiño do Batán
  • Capela de Arxán

Noticias

Mar, 16/04/2024
2ª SAÍDA DE SENDEIRISMO: VIA VERDE OROSO - ORDES

Realizaremos a segunda  SAÍDA o 21 de abril: 10 Kms - nivel sinxelo.

RUTA DA VÍA VERDE (Tramo 2: Oroso - Ordes)                       

Saída: Praza do concello en Xanceda ás 9:30 h. Regreso estimado sobre 14 h.

Prezo: 6 €. (A pagar tras a ruta por ingreso/transferencia bancaria).

Inscricións:  ata 17 de marzo na Casa da Cultura  981687241 ou por wasap no Grupo de Sendeirismo do Concello 609353115. 

Mínimo de inscritos 20.

Lun, 15/04/2024
GALA INTERMUNICIPAL DE PATINAXE 2024 - Concello de Mesía

Tras a fenda de 5 anos sen facerse ninguna Gala na contorna, o Concello de Mesía tomou a INICIATIVA e animouse a darlle esta EXPERIENCIA aos nenos e nenas das ESCOLAS MUNICIPAIS DE PATINAXE de Mesía, do Concello de Frades, do Concello de Curtis e do  Concello de Cerceda.
Tras facer un baile cada grupo, recibiron unha medalla e agasallos por participar.

Agradecemos a participación de deportistas e público.

Xov, 11/04/2024
LAT 132 KV evacuación PE Legre

ACORDO do 13 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de LAT 132 kV evacuación do parque eólico Legre nos concellos de Oza-Cesuras e Mesía (A Coruña) (expediente IN408A 2020/143).

Co fin de evacuar a enerxía xerada no parque eólico Legre (expediente IN408A 2020/097, en tramitación, obxecto de proxecto independente) proxéctase unha liña de alta tensión de 132 kV, de 9,11 quilómetros de lonxitude, sen incluír o van destensado de conexión á subestación PE Legre (obxecto de proxecto independente) de aproximadamente 61,71 metros.

Solicitante/Promotor: GREEN CAPITAL POWER, S.L

A documentación que se expón:

1.- O proxecto de LAT 132 kV evacuación PE Legre (setembro 2023-visado o 2 de febreiro de 2024).

   1.1. Plano xeral do proxecto.

   1.2. Memoria xustificativa da declaración de utilidade pública e urxente ocupación (febreiro 2024-asinado o 14 de febreiro de 2024).

   1.3. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA).

   1.4. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2.- O estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de LAT 132 kV evacuación PE Legre (decembro 2023-asinado o 20 de decembro de 2023)

O proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada na oficina técnica de urbanismo do concello os LUNS, MÉRCORES e VENRES en horario de 10:00 a 15:00 h, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG). Publicado o xoves 11 de abril de 2024 no DOG Núm 71

Prazo para remitir alegacións/achegas/opinións:12/04/2024-27/05/2024

Mér, 10/04/2024
GALA INTERMUNICIPAL DE PATINAXE 2024 - Concello de Mesía

O sábado as 11h retomamos dende o Concello de Mesía as Galas de patinaxe tras 5 anos sen elas.

Lembramos que a última edición que se fixo cos concellos da contorna foi no 2019 e xa tiñamos gañas de xuntarnos cas escolas deportivas de patinaxe dos concellos que participarán nesta Gala de exhibición: serán máis de 100 deportistas dos concellos de Mesía, Curtis, Frades e Cerceda.

Farense once bailes de patinaxe por grupos de idade e ao rematar repartiremos uns detalles por participar.

Lun, 08/04/2024
II GALA INTERMUNICIPAL DE XIMNASIA RÍTMICA Concello de Mesía

Este domingo 7 de Abril desfrutamos unha Exhibición da nosa Escola Deportiva Municipal de Ximnasia rítmica xunto cas escolas de Carral e Brexo-Lema, tamén acudiron o Club XR Carral e a AD Morrigan.

130 deportistas fixeron as delicias de 400 persoas do público que se deron cita no Pavillón de Olas. Deixamos a ligazón a completa galería de fotos na nosa páxina do Facebook: CLICA PARA ÁLBUM FOTOS DA GALA NO FACEBOOK

 

Páxinas