• Casa do Concello
  • Brañas da Valga
  • Albergue de Bruma
  • Muiño do Batán
  • Capela de Arxán

Noticias

Xov, 25/04/2024

O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou, no DOG núm. 78, do 19/04/2024, a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS614B).

Serán subvencionables os gastos xerados no ano 2024 dos servizos constituídos polas actuacións que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 22 de novembro de 2024. 

Modalidades:

1. Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.

2. Modalidade de respiro en centro de día, para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.

Persoas beneficiarias: Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

Prazo de solicitudesAta o 21 de outubro de 2024.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 22/04/2024
PAI OS CAMIÑOS

Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI "Os Camiños" para o curso 2024-2025:

- Nenos/as que xa estiveron  neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro curso, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive).
- Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).

Máis información en "Ler máis"

Mar, 16/04/2024
2ª SAÍDA DE SENDEIRISMO: VIA VERDE OROSO - ORDES

Realizaremos a segunda  SAÍDA o 21 de abril: 10 Kms - nivel sinxelo.

RUTA DA VÍA VERDE (Tramo 2: Oroso - Ordes)                       

Saída: Praza do concello en Xanceda ás 9:30 h. Regreso estimado sobre 14 h.

Prezo: 6 €. (A pagar tras a ruta por ingreso/transferencia bancaria).

Inscricións:  ata 17 de marzo na Casa da Cultura  981687241 ou por wasap no Grupo de Sendeirismo do Concello 609353115. 

Mínimo de inscritos 20.

Lun, 15/04/2024
GALA INTERMUNICIPAL DE PATINAXE 2024 - Concello de Mesía

Tras a fenda de 5 anos sen facerse ninguna Gala na contorna, o Concello de Mesía tomou a INICIATIVA e animouse a darlle esta EXPERIENCIA aos nenos e nenas das ESCOLAS MUNICIPAIS DE PATINAXE de Mesía, do Concello de Frades, do Concello de Curtis e do  Concello de Cerceda.
Tras facer un baile cada grupo, recibiron unha medalla e agasallos por participar.

Agradecemos a participación de deportistas e público.

Xov, 11/04/2024
LAT 132 KV evacuación PE Legre

ACORDO do 13 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de LAT 132 kV evacuación do parque eólico Legre nos concellos de Oza-Cesuras e Mesía (A Coruña) (expediente IN408A 2020/143).

Co fin de evacuar a enerxía xerada no parque eólico Legre (expediente IN408A 2020/097, en tramitación, obxecto de proxecto independente) proxéctase unha liña de alta tensión de 132 kV, de 9,11 quilómetros de lonxitude, sen incluír o van destensado de conexión á subestación PE Legre (obxecto de proxecto independente) de aproximadamente 61,71 metros.

Solicitante/Promotor: GREEN CAPITAL POWER, S.L

A documentación que se expón:

1.- O proxecto de LAT 132 kV evacuación PE Legre (setembro 2023-visado o 2 de febreiro de 2024).

   1.1. Plano xeral do proxecto.

   1.2. Memoria xustificativa da declaración de utilidade pública e urxente ocupación (febreiro 2024-asinado o 14 de febreiro de 2024).

   1.3. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA).

   1.4. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2.- O estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de LAT 132 kV evacuación PE Legre (decembro 2023-asinado o 20 de decembro de 2023)

O proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada na oficina técnica de urbanismo do concello os LUNS, MÉRCORES e VENRES en horario de 10:00 a 15:00 h, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG). Publicado o xoves 11 de abril de 2024 no DOG Núm 71

Prazo para remitir alegacións/achegas/opinións:12/04/2024-27/05/2024

Páxinas