AXUDAS PARA ACTUACIÓNS CORRECCIÓN IMPACTOS PAISAXÍSTICOS 2024

Mar, 16/01/2024

O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas destinadas a particulares e comunidades veciñais para realizar actuacións para emendar os impactos paisaxísticos.

Poderán ser subvencionables obras de:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación e/ou substitución do acabado exterior de cubertas.
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

A subvención pode chegar ata o 70% do proxecto co límite máximo de 3.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15/02/2024 ou ata que se esgote o presuposto.

Máis información no seguinte ENLACE ou chamando ao concello ao 981687001.