BASES E CONVOCATORIA DE AXUDAS POR NACEMENTO DE FILLO/A, ADOPCIÓN E/OU ACOLLEMENTO DURANTE O ANO 2024

Lun, 29/04/2024


O Concello de Mesía aprobou o día 29/04/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 179/2024, as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2024 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.

A axuda consi​stirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.


O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao de publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia e finalizará o 31 de decembro de 2024. 

As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.